Pequeclassics

Pequeclassics é o nome do ciclo que a nosa empresa desenvolveu nos anos 2011 e 2012 na Cidade da Cultura de Galicia.

Tratábase de achegar a nenos e rapaces a paixón pola música clásica e a ópera a través do xogo e da diversión, con espectáculos de alta calidad artística. Educar o sentido da melodía, do ritmo e ata o sentimento é posible mediante a aproximación dos nenos á música sen necesidade de que posúan coñecementos previos.

Pequemúsicas

Pequemúsicas é un proxecto educativo que achega a música, no seu concepto máis amplo, ao público infantil e familiar, permitindo que nenos e nenas aprendan divertíndose.

A través de concertos de jazz, música clásica, folc, pop ou calquera outro estilo, Pequemúsicas consigue que os nenos o pasen ben e favorece a creación de novos para a música desde idades moi temperás. Favorécese así o gusto por asistir a concertos e espectáculos, estimulando incluso o interese por estudar música nos máis pequenos, un público moi difícil pero extraordinariamente receptivo.
Pequeclassics
 
Il Cirque d´Amore

Il Cirque d´Amore

Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, da de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ria dela... Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz?

Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, damos forma a Il Cirque d´Amore, onde un pianista, un barítono, e unha soprano viaxaran co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

Vídeo
Il Cirque d´Amore Il Cirque d´Amore Il Cirque d´Amore
O país do vento

Un espectáculo sorprendente. Enorme calidade musical e moitas sorpresas sonoras.

O País do Vento é un espectáculo dedicado aos instrumentos de vento no sentido máis amplo da palabra. Afinaremos un órgano de botellas, veremos como unha mangueira pódese converter nunha trompeta, escoitaremos caracolas de mar, descobriremos que as canas de bambú son instrumentos musicais, veremos como o saxo, o clarinete e a trompeta falan, rin, choran, discuten e se pelexan, como se pode formar unha orquestra con xoguetes... e moito, moito máis.

Vídeo
O ritmo da rúa

Unha historia de rivalidade entre bandas xuvenís. Unha historia de amor. Unha historia dos intrumentos de percusión.

A obra trata dunha relación imposible entre dous mozos de bandas rivais. Unha das bandas está formada por instrumentos de percusión membranófonos e idiófonos de son indeterminado. A outra está formada polos instrumentos de láminas de son determinado.

O ritmo da rúa é un espectáculo creado expresamente por encargo do departamento de concertos didácticos da Orquestra Sinfónica de Galicia a J. Miguel Castro e xa que logo tanto o guión como a obra na súa globalidade foi realizada co obxectivo primordial de que sexa comprensible para os nenos. É por iso que o ritmo do concerto resulta trepidante por momentos, fresco e con grandes doses de humor e sensibilidade.

A música foi coidadosamente escollida para cada escena pois non só adereza a historia senón que é parte fundamental da mesma. Todas as obras musicais interpretadas arranxáronse expresamente para esta produción.

O ritmo da rua
Taller de música clásica para bebés

Un taller de estimulación para nenos e nenas de 0 a 3 anos O taller impártese para grupos de 20 nenos acompañados dun máximo de 2 adultos.

Realízanse 2 sesións por xornada.

Un bebé nace cun billón de neuronas capaces de conectarse entre si. Durante o primeiro mes de vida a densidade de conexións neuronais aumenta a unha velocidade abraiante, chegando ao seu pico máximo á idade de dous años. A música aumenta a densidade de conexións neuronais, desenvolve a memoria, a creatividade e a imaxinación, así como o sentido do ritmo. Favorece ademais a expresión, a coordinación e a auto-estima.

O obxectivo desta obra non é outro que o de guiar aos pais para fomentar esa estimulación temperá e reforzar e potenciar esa milagrosa capacidade coa que nacen os seus bebés, intentando así crear adultos íntegros, felices, autosuficientes e máis seguros de si mesmos.

Acompañados dun piano, unha marimba, sons gravados e xoguetes, os músicos acompañan aos bebés e ao seu pai ou nai nun percorrido sensorial que vai levar aos nenos a cantar, bailar e xogar ao son da música.

Vídeo
 
Il Cirque d´Amore

Axenda

Il Cirque d´Amore

17 de febreiro de 2013 ás 12:00 e 17:00 horas
Cidade da Cultura de Galicia
Santiago de Compostela

MACUF (A Coruña), 7 de abril, 12:30 h

Auditorio Municipal (Ourense), 21 de abril, 12:00 h

 

Formulario de Contacto

Redes sociais